ACTO IMPREVISTO

Publicado por DITEA ÁS 1:20 p. m.

A poucos días de calquera estrea en calquera teatro, reina o desorde: teares caidos, cables por todos lados, etc, etc. E é aquí onde dúas limpadoras irrompen no escenario; dúas mulleres que, inmersas no trasfego cotiá e alleas a todo este enredo faranduleiro van, inconscientemente, deixándose levar por unha sensación de liberación que lles produce o “espazo de fi cción” e, pouco a pouco, amosan as súas paixóns afogadas, tecéndose así unha trama na que, a través das súas tráxicas vivenzas - produto do condenado destino- recoñecemos un mundo moi próximo e, paradoxalmente, cómico.

Dous seres traxicómicos que, por un casual, permítense o luxo de soñar un acto efémero e imprevisto.

“Acto imprevisto” é un espectáculo que refl icte a realidade cotiá, unha realidade latente en cada esquina, que a través do humor, intenta aproximarse ao público cun sabor agridoce.

Miguel Gallego

REPARTO
LIMPIADORA 1ª - Lucrecia Carril
LIMPIADORA 2ª - Eugenia Fdez. Ferreiro
TÉCNICO DE LUCES - Alberte Álvarez

EQUIPO ARTÍSTICO
PRODUCCIÓN - Teatro de Cámara Ditea
DESEÑO ESCENOGRÁFICO - Alberte Álvarez
VESTIRARIO/ATEZZO - Encarna Domínguez
LUMINOTECNIA - Xosé M. Antelo
MAQUILLAXE/PERRUQUERÍA - Lucrecia Carril | Eugenia Fdez. Ferreiro
REXEDORÍA - Encarna Domínguez
AMBIENTACIÓN MUSICAL - Marcos Lemos
DESEÑO CARTEL - Eugenia Fernández
COREOGRAFÍA - Silvia Miramontes
DIRECCIÓN - Alberte Álvarez | Martina Martínez

FOTOGRAFÍAS

Preme para visualizar a galería fotográfica da obra

MATERIAL

Cartel (formato .pdf)
Diptico (formato .pdf)

"ANIMALIÑOS"
Domingo 7 de decembro, 19:00 h.
Teatro Principal de Santiago
Concello de Santiago


footer